Este verán non está sendo moi prolífico, teño demasiadas ocupacións mundanas. Pero algo vai saíndo.
O reto de Cajade do mes de xullo consistía en decorar un cubo de Rubick coa técnica do Zentangle.
Confeso que o resultado sorprendeume moi gratamente, aínda que inicialmente non me atraía.
Houbo tempo para outro mandala. Xa me van quedando menos deste libro.
E ando tamén liada en tarxetas para futuros eventos.
E con isto teño o blog ao día, despois de moito tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario