O mes de abril foi variado.
Fixen unha excursión á cidade de Ferrol para visitar as Meninas de Canido e algún dos seus edificios modernistas. E por suposto quedou reflectido no meu diario de recortes.
Houbo tempo para personalizar unha camiseta. Nesta ocasión aproveitei un coxín. Gustábame moito esa imaxe da suculenta pero o coxín pola parte de atrás estaba en mal estado. Pois nada, megaaplique que lle puxen e non quedou nada mal.
O meu proxecto de Cajade deste mes era construír un pequeno midori de viaxe. Moi recomendables os retos mensuais destas caixas: variados e divertidos.
Cos restos de tea de coller ao longo de dous pantalóns elaborei estes broches.
O día 15 de abril é o Día Mundial da Arte e así o recollín no meu diario.
Houbo tempo para rematar un novo mandala.
E para rematar o mes un par de tarxetas, nesta ocasión para unha xubilación. Usamos a de cor lila, que foi a que mellor quedou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario