18 jul 2022

Maio florido

 O mes de maio foi moi activo. Participei no reto Flores de mayo de @cajade e @magdalenadepapel.

E cada día houbo a súa flor, a meirande parte usando acuarelas, pero ás veces, con outras técnicas. 









Foi un mes moi activo. Houbo tempo ata para rematar o puzzcle que levaba tempo parado. Esa cor vermella do fon deu moito traballo, pero ao final rematado está.


O reto de maio de Cajade consistía en facer unha composición usando diferentes papeis recortando formas. Confeso que o fixen un pouco apurada e para sacalo de diante, pero aquí está. 

 

Tiña pendente facer tamén este proxecto de La tienda de las manualidades na que con diferentes técnicas e materiais creei este midori que teño pensado usar para a axenta de traballo. Os dous cadernos que lle puxen estaban pola casa, así que aproveitando compras ou agasallos anteriores.





E para completar o mes participei nun obradoiro de encadernación artesanal que se celebrou na libraría Biblos de Betanzos. Encantoume e quedou un caderno ben fermoso para un futuro diario. 










Abril

 O mes de abril foi variado. 

Fixen unha excursión á cidade de Ferrol para visitar as Meninas de Canido e algún dos seus edificios modernistas. E por suposto quedou reflectido no meu diario de recortes. 


Houbo tempo para personalizar unha camiseta. Nesta ocasión aproveitei un coxín. Gustábame moito esa imaxe da suculenta pero o coxín pola parte de atrás estaba en mal estado. Pois nada, megaaplique que lle puxen e non quedou nada mal. 


O meu proxecto de Cajade deste mes era construír un pequeno midori de viaxe. Moi recomendables os retos mensuais destas caixas: variados e divertidos. 


Cos restos de tea de coller ao longo de dous pantalóns elaborei estes broches. 


O día 15 de abril é o Día Mundial da Arte e así o recollín no meu diario. 


Houbo tempo para rematar un novo mandala.


E para rematar o mes un par de tarxetas, nesta ocasión para unha xubilación. Usamos a de cor lila, que foi a que mellor quedou. 















12 jul 2022

Febreiro

 O 11 de febreiro celebrouse  a VI Art Night no Hotel Garelos de Betanzos. Organizada por Compás Proxectos a temática era "Especial Mascostas". Como eu non teño mascotas inspireime na obra de Frida Khalo "Yo y mis pericos" de 1941 e decidín pintar uns pericos. Velaquí o resultado. 



Xaneiro 2022

 Empezou o ano, e sen moito traballo artístico. Tan só un novo mandala rematado de colorear.



11 jul 2022

Decembro

 E vai sendo hora de poñer ao día o blog. Sempre me pasa o mesmo, o inverno vai pasando e non teño moito tempo para poñerme con isto ata que chega o verán. 

Imos cos traballos de decembro do ano pasado. 

O día 10 de decembro participei na IV Art Night no Hotel Garelos de Betanzos da man de Compás Proxectos. Nesta ocasión a obra foi o cadro "As tres barcas" de Francisco Lloréns. Aínda que o obxectivo para este tipo de eventos e rematar a obra nunha sesión, para este precisamos dúas sesión. Pero valeu a pena repetir.


Tamén fixen un par de tarxetas: unha para felicitar unha voda e a otra para unha xubilada. 






A roupa que se usa para traballar no xardín ás veces colle manchas que son difíciles de quitar e parece que xa a estás poñendo sucia cando a acabas de sacar da lavadora. 
Neste caso usando unhas plantillas e pintura para teas,  renovei un para de suadoiros.



E para rematar o mes asistín o un curso de acuarela organizado por Jaspeart, na Coruña, poara aprender as técnicas básicas.