3 ago 2021

Resumo do mes de xullo

Fago punto de cruz desde os 9 anos pero antes do confinamento do ano pasado levaba varios en que o tiña abandonado. Pero co do ano pasado pois houbo tempo para retomar labores empezadas de xa non me acordo canto tempo. E por fin xogo de toallas rematadas. 
Agora estou empezando un pequeno mantel ou pano. 


Outro traballo do mes foi darlle utilidade ao palé que levaba gardado un par de anos, para convertelo nun maceteiro. 


E tamén restaurei esta cadeira. Repintei as patas, e retapiceina.


No capítulo de mandalas rematei dous:

   

E para rematar algo de pintura:


Este tríptico levaba varios anos sen rematar, pero chegoulle o seu momento.




E estes en parte son aproveitamento de restos de pintura, nada serio.

Foi un mes bastante produtivo, non si?







No hay comentarios:

Publicar un comentario