4 sept 2021

Os traballos de agosto.

 Que rápido pasou o verán!

Este mes de agosto foi bastante produtivo. Vou insinarvos o feito na casa.

Outro mandala rematado de colorear:


No apartado de pintura rematei varios acrílicos:



  

Esta foi a obra que reproducimos na II Art Night  no hotel Garelos en Betanzos. 


Un par de labores a ganchillo:



Tamén me apuntei ao reto de crear coa caixa do mes de agosto de La Tienda de Manualidades e fixen estas bolsas de tea. 



 

E para rematar unha tarxetiña que recolle as lecturas do verán.

Agora volvemos ao traballo, así que non terei tempo para tanto traballo, pero algo se fará.

Feliz regreso ás rutinas.






4 ago 2021

O xardín no mes de xullo

A gardenia, despois de varios anos, por fin florece.



Algún de outro insecto pau andaba paseando de incógnito.


As flores de tigridia son efírmeras, só duran o día no que abren.
 

As eucomis ou flor de piña tamén está en máximo esplendor.


E algúns cactos tamén mostran as súas flores. 


Estas só duran unhas horas abertas pero son preciosas.


O cacto orquídea volve a florecer.


E as dalias empezan a súa época de esplendor.


 

3 ago 2021

Resumo do mes de xullo

Fago punto de cruz desde os 9 anos pero antes do confinamento do ano pasado levaba varios en que o tiña abandonado. Pero co do ano pasado pois houbo tempo para retomar labores empezadas de xa non me acordo canto tempo. E por fin xogo de toallas rematadas. 
Agora estou empezando un pequeno mantel ou pano. 


Outro traballo do mes foi darlle utilidade ao palé que levaba gardado un par de anos, para convertelo nun maceteiro. 


E tamén restaurei esta cadeira. Repintei as patas, e retapiceina.


No capítulo de mandalas rematei dous:

   

E para rematar algo de pintura:


Este tríptico levaba varios anos sen rematar, pero chegoulle o seu momento.




E estes en parte son aproveitamento de restos de pintura, nada serio.

Foi un mes bastante produtivo, non si?







24 feb 2021

En galego!

 Hoxe é o día de Rosalía de Castro! A nosa poeta máis universal e figura indicutible do Rexurdimento. 

Había moito tempo que non actualizaba o blog, pero hoxe apetéceme compartir convosco este vídeo de Tanxuguiras no que combina modernidade e tradición dun xeito maxistral. 

Parabéns ás artistas e a seguir gozando da nosa lingua! Parabéns Rosalía no día do teu aniversario!