1 ene 2012

Mark Ryden


Ás catro menos dez dun día de diario, unha nena de fina melena loira coa cabeza desproporcionadamente grande entra nunha abigarrada carnicería levando da man a un diminuto Lincoln. O carniceiro é un sorrinte coelliño branco que fai filetes cun serrucho. Todo é rosa, desde as manchas de sangue no mandil do carniceiro ata o cadeliño que lambe un anaco de carne crúa xunto a un cubo de madeira do que asoma unha cabeza de cervo.

Mark Ryden é un prestixioso pintor americano. O seu estilo é bastante peculiar, se un mira as súas pinturas en primeira instancia parecen bastante “inocentes”, seguro que a máis dun evócalle “Alicia no País das Maravillas“, pero se seguimos observando cambia totalmente esa impresión ó crer que estamos ante algo bastante perturbador, parecen os retratos perfectos dun pesadelo.

Algunhas das súas pinturas podémolas encontrar en portadas de discos para Ringo Starr, Oingo Boingo, Red Hot Chili Peppers, Butthole Surfers, Jack Off Jill, ou Michael Jackson (tal vez o seu diseño máis famoso).




No hay comentarios:

Publicar un comentario