Déixovos o enlace por se queredes seguir disfrutando de mirar...
"Las obras de arte se dividen en dos categorías: las que me gustan y las que no me gustan. No conozco ningún otro criterio." CHEJOV, Antón Pavlovich Narrador y dramaturgo ruso.
24 ene 2012
Kelly Vivanco
Viaxando de enlace en enlace atopei esta páxina coa obra de Kelly Vivanco, miradas que atrapan...
1 ene 2012
Mark Ryden
Ás catro menos dez dun día de diario, unha nena de fina melena loira coa cabeza desproporcionadamente grande entra nunha abigarrada carnicería levando da man a un diminuto Lincoln. O carniceiro é un sorrinte coelliño branco que fai filetes cun serrucho. Todo é rosa, desde as manchas de sangue no mandil do carniceiro ata o cadeliño que lambe un anaco de carne crúa xunto a un cubo de madeira do que asoma unha cabeza de cervo.
Mark Ryden é un prestixioso pintor americano. O seu estilo é bastante peculiar, se un mira as súas pinturas en primeira instancia parecen bastante “inocentes”, seguro que a máis dun evócalle “Alicia no País das Maravillas“, pero se seguimos observando cambia totalmente esa impresión ó crer que estamos ante algo bastante perturbador, parecen os retratos perfectos dun pesadelo.
Algunhas das súas pinturas podémolas encontrar en portadas de discos para Ringo Starr, Oingo Boingo, Red Hot Chili Peppers, Butthole Surfers, Jack Off Jill, ou Michael Jackson (tal vez o seu diseño máis famoso).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)