31 ene 2010

O Guernica

A xente que coñece o Guernica, sabe que é unha tea pintada ó óleo, con 782 x351 cm., que Pablo Picasso presentou en 1937 na Exposición Internacional de París.
A tea, en branco e negro, representa o bombardeo sufrido poa cidade española de Guernica o 26 de abril de 1937 por avións alemáns e que actualmente está exposta no Centro Nacional de Arte Reina Sofía, en Madrid.
O pintor, quen vivía en París nese tempo, soubo da masacre poos periódicos e pintou as persoas, animales e edificios destruidos pola forza aérea nazi, tal como os viu na súa imaxinación.
Agora, unha artista de Nueva York, Lena Gieseke, quen domina as máis modernas técnicas de infografía dixital, decidiu propoñer unha versión 3D da célebre obra e colocala en internet, con forma de video. O resultado é fascinante e permítenos visualizar os detalles que, de outro xeito, pasarían desapercibidos. Esta técnica innovadora revelase como un poderoso instrumento para comprender mellor a forma de traballar do pintor e ata o modo como funcionaba a súa imaxinación.

El Guernica en 3D

No hay comentarios:

Publicar un comentario