Hai dous anos polo Samaín conseguín estas cabaciñas, foron secando sen apodrecer. Unha man de verniz e xa están no salón decorando. Unha delas ten sementes e fai de maraca, ¿adiviñades cal?
Isto é reciclaxe. Catro imáns que representan as catro estacións, unha táboa que tiña polo estudio, un pouco de pintura, pegamento, e xa temos outro adorno.