31 ago 2011

Martin Johnson Heade, o pintor das orquídeas.



Martin Johnson Heade, fillo maior do rico granxeiro Joseph Cowell Heed, naceu o 11 de agosto de 1819 en Lumberville, Pensilvania
En Brasil, Heade pintou os seus primeiros cadros que representaban colibrís e que estaban destinados a ilustrar "Las gemas del Brasil", libro de cromolitografías que se propoñía publicar. O ano siguiente, Pedro II, emperador de Brasil, concedeu a Heade a orde da Rosa. Heade volveu a Sudamérica entre 1866 e 1867 e fixo unha terceira viaxe en 1870.
Na década de 1860, Heade pintou moitas sinistras e obsesivas marinas, e en 1871 xa empezara a incluír orquídeas e flores de pasión nas súas pinturas de colibríes.
O pintor trasladouse a San Agustín, Florida, en 1883, onde casou.
As súas pinturas tardías, que representan lotos, magnolias e rosas, mostran a miúdo unha latente sensualidad.
Heade tamén volveu ós seus temas predilectos de esceas de pantanos, colibrís e orquídeas, e de feito non deixou de pintalos ata a súa morte, que acaeceu en San Agustín cando tiña oitenta e cinco anos.