29 dic 2009

Máis curiosidades.

A finais do século XVIII, os británicos sucumbían á malaria.
A compañía Cadbury Schweppes creou un remedio baseado na auga de quinina: a tónica.
O problema era o seu amargo sabor; por este motivo, aqueles que a tomaba por obriga comezaron a mesturala con xenebra para mellorar o seu gusto. Estaba nacendo o popular gin-tonic.

9 dic 2009

Enlace

Por se é de interese, aquí tedes esta ligazón cunha web de Xosé Antón Vicente Rodríguez na que recolle tradutores, dicionarios, recursos, aplicacións e diferentes ferramentas en galego.
 http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/index.htm

3 dic 2009

Curiosidade do día

Dise que cando Mozart era só un adolescente, un rapaz acercouselle e preguntoulle como compoñer unha sinfonía.
Moi seguro de si mesmo, o músico contestou que debería deixar pasar aínda moito tempo. Cabreado o mozo retrucoulle: "Pero ti xa compoñías ós dez anos". A resposta de Mozart foi demoledora: "Si, pero non tiña que preguntar como".

¡Feliz 2010!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Xa está listo o novo calendario para este vindeiro 2010. Espero que vos guste e vos axude a disfrutar dun ano que seguro que vén cheo de boas novas.

Reflexión para compartir...

Se un doutor, un abogado ou un dentista tiveran a 25 persoas ou máis na súa oficina á vez, todas con diferentes necesidades e algunhas que non queren estar alí, e o doutor, abogado ou dentista, sen axuda, tivera que tratalos a todos con excelencia profesional durante 10 meses, entón poderían ter unha idea do que é o traballo do docente na aula.

Kathy A. Megyeri
"Chocolate caliente para el alma de los maestros"